Linguas de Colombia

Máis do 99,2% dos colombianos falan a lingua castelá; tamén se falan no país 65 linguas indíxenas, dúas linguas crioulas e o romaní. O inglés ten status oficial no Arquipélago de San Andrés, Providencia e Santa Catalina.[1][2][3]

Incluíndo o castelán, a base de datos Ethnologue nomea 101 linguas en Colombia. O número específico de linguas faladas varía lixeiramente xa que algúns autores consideran linguas diferentes o que outros consideran variedades ou dialectos da mesma lingua. As mellores estimacións numeran en 71 linguas as faladas no país, a maioría delas pertencentes ás familias lingüísticas chibcha, tucana, bora–witoto, guahibana, arauaca, caribe, barbacoana e salibana. Estímase que o número de falantes de linguas indíxenas rolda os 850 000.[4][5]

As 65 linguas indíxenas que existen no presente poden ser agrupadas en 12 familias lingüísticas e 10 linguas illadas, aínda non clasificadas.[1] As doce familias lingüísticas son a chibcha, de probable orixe centroamericana, as grandes familias suramericanas arauaca, caribe, quechua e tupí, sete familias só presentes a nivel rexional (chocó, guahibana, salibana, makú, witoto, bora, tucana). As linguas illadas máis importantes son o andoque, o cofán, o camsá, o páez, o ticuna, o tinigua, o yagua e o yurí.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Languages of Colombia" (en castelán). banrepcultural.org. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2013. Consultado o 9 de outubro de 2013. 
  2. "Jon Landaburu, Especialista de las lenguas de Colombia" (en castelán). ambafrance-co.org. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2013. Consultado o 9 de outubro de 2013. 
  3. "Map of the languages of Colombia" (en castelán). lenguasdecolombia.gov.co. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2017. Consultado o 9 de outubro de 2013. 
  4. "The Languages of Colombia". Ethnologue.com. Consultado o 16 de maio de 2010. 
  5. "Native languages of Colombia" (en castelán). lenguasdecolombia.gov.co. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2014. Consultado o 25 de marzo de 2014. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search